O Concello de Valdoviño presenta este venres o calendario municipal elaborado coas imaxes dos veciños e veciñas

O actor Avelino González será o encargado de conducir o acto, que se celebrará no auditorio da Casa da Cultura a partir das 20:30 horas

Valdoviño, 22 de decembro do 2022. O alcalde, Alberto González, invita a veciños e veciñas a asistir este venres á presentación do calendario municipal do 2023. O acto, que conducirá o actor Avelino González, celebrarase no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 20,30 horas, con entrada libre ata completar aforo.

Unha vez máis, o calendario volve a elaborarse coas imaxes tomadas pola propia veciñanza, e presentadas ao concurso aberto polo departamento municipal de Cultura. Así, recepcionáronse 180 fotografías -121 a través da web municipal e outras 59 por correo electrónico-, das que se seleccionaron un total de 17.

Ao remate do acto, farase entrega do mesmo ás persoas asistentes.