O Concello de Valdoviño porá este luns a disposición da cidadanía os convites para Multiperspectivas #2 de Paula Quintas CÍA
Esta orixinal e novidosa proposta que combina improvisación teatral, danza e circo celebrarase na Nave de Mourente o xoves 22 ás 21:30 h
Valdoviño, 16 de agosto do 2024. A partir deste luns 19 de agosto, o departamento municipal de Cultura porá a disposición da cidadanía os convites para asistir a «Multiperspectivas#2» de Paula Quintas CÍA. Poderán retirarse na casa da cultura, de 10:00 a 14:00 h, cun máximo de 2 por persoa. O espectáculo celebrarase o xoves 22 de agosto na Nave da traballo sita en Mourente, a partir das 21:30 horas. Inclúese no cartel do programa municipal «Contares Culturais nas Festas do Verán», e chega a Valdoviño co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
A compañía ofrecerá ao público unha orixinal e novidosa proposta que parte da perspectiva do espectador como reflexión contemporánea. «Multiperspectivas#2» combina improvisación teatral, danza e circo, deixando espazo para a interacción co público. Paula Quintas, Arturo Cobas e Antón Coucheiro integran o elenco do espectáculo, dirixido polo propio Arturo Cobas e Rut Balbís. Unha proposta que experimenta cos límites das artes escénicas para enfrontarse coa realidade do espazo que nos rodea.
Se non se completasen prazas, no mesmo lugar da actuación, poñeranse a disposición do público as invitacións sobrantes media hora antes do espectáculo.