O Concello de Valdoviño organiza un taller de mindfulness para nenos e nenas

Inscrición aberta na actividade, que terá lugar o martes 9 de agosto

Valdoviño, 3 de agosto de 2022. O Concello de Valdoviño celebrará o vindeiro martes 9 de agosto un taller de iniciación ao mindfulness dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos. Guiado pola coach Elena Fernández Nóvoa, a participación é gratuíta, con prazas limitadas a 20. Para a reserva das mesmas é preciso chamar ó departamento de Cultura ó 981 48 76 66 de 10 a 13 h (ata o vindeiro luns 8 de agosto ou ata completar prazas). 

A través desta actividade, que terá lugar na Casa da Cultura, nenos e nenas aprenderán estratexias útiles que lles permitan estar relaxados e atentos; mellorar a xestión dos seus sentimentos e emocións ou estar de maneira máis consciente no momento presente para mellorar o seu benestar.