O Concello de Valdoviño organiza o III Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre

Celebrarase o 26 de agosto en Pantín, e hoxe abre inscricións

Valdoviño, 1 de agosto do 2023. O Concello de Valdoviño volverá este ano a organizar a finais de verán o seu Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre, que alcanza así a súa terceira edición, e hoxe abría o prazo para participar nel. Celebrarase o 26 de agosto, e nesta ocasión a zona elixida para crear é Pantín. Os ficheiros de inscrición poden descargarse da web municipal e presentarse a través da sede electrónica -adxuntando a documentación requerida nas bases- ou na casa da cultura -de 10 a 14 h-. En ambos casos, ata o 20 de agosto como tope.

Cada participante poderá presentar unha soa obra, sen asinar, en un soporte ríxido -as medidas mínimas serán de 50×50 e as máximas admitidas, 100×81 cm-. En todo caso, a execución da obra deberá ser «in situ», e non se permitirá o uso de fotografías, ordenadores, cámaras, medios ou materiais fotográficos salvo que debido ás inclemencias do tempo así o decida a organización o mesmo día do concurso.

O certame repartirá 2.150 euros en premios (1º, 2º, 3º, galardón á mellor obra local e un quinto premio xuventude Xeoparque do Cabo Ortegal -participantes de ata 30 anos e vinculación aos concellos que integran o xeoparque-). O acto de entrega realizarase nesa mesma xornada, en horario de tarde, en Pantín, e os cadros deberán permanecer expostos entre as 17:30 e as 19:00 horas.

Por último, as bases poden consultarse integramente na web municipal, e o departamento de Cultura pon a disposición das persoas interesadas os teléfonos 981 48 76 66 e 645 305 229 para realizar calquera consulta.

BASES CERTAME CASTELÁN

BASES CERTAME GALEGO

FICHEIRO INSCRICIÓN CASTELÁN

FICHEIRO INSCRICIÓN GALEGO