O Concello de Valdoviño mellora a accesibilidade da casa consistorial
Operarios municipais traballan na ampliación da beirarrúa e rampa da parte traseira do inmoble, con acceso directo ao ascensor
Valdoviño, 30 de setembro de 2021. O Concello de Valdoviño mellorará a accesibilidade da casa consistorial. En concreto, operarios municipais iniciaban onte os traballos para ampliar o ancho da beirarrúa e rampa de acceso na parte traseira do inmoble. As reducidas dimensións da plataforma actual dificultan a entrada de persoas en cadeira de rodas, situación que se pretende evitar coas obras en curso. Deste xeito, facilitarase o acceso directo ao ascensor e, en consecuencia, á primeira e segunda planta.
Estes traballos súmanse a outros realizados previamente, como a construción dunha rampa de acceso na entrada principal para facilitar a atención nas dependencias dos Servizos Sociais -sitas na planta baixa- ou o traslado dos servizos máis demandados -rexistro e estatística- a esa mesma planta.