O Concello de Valdoviño inicia o proceso para a contratación dun albanel e 4 peóns

As persoas interesadas nos postos poderán presentar a súa solicitude a partir deste martes e por espazo de 10 días naturais

Valdoviño, 8 de abril de 2024. O Concello de Valdoviño contratará 1 albanel e 4 peóns coa liña de subvencións concedida pola Deputación da Coruña no marco do PEL-Concellos 2024. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria, co que a partir de mañá martes 9 de abril, as persoas interesadas nas prazas poderán presentar a súa solicitude no rexistro xeral ou a través da sede electrónica municipal. O prazo é de 10 días naturais.

A contratación laboral temporal realizarase por concurso-oposición, e as persoas aspirantes deberán estar en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo ou na data da convocatoria, e figurar inscritos como demandantes de emprego nas Oficinas do INEM na data de inicio do proceso selectivo, entre outros requisitos. O contrato será por 6 meses, a xornada parcial.