O Concello de Valdoviño inicia a campaña anual de desbroces nos máis de 600 km de pistas e camiños de titularidade municipal

Trala actuación levada a cabo nas vías da concentración parcelaria, os traballos arrancaban a semana pasada en Meirás

Valdoviño, 17 de abril de 2024. O Concello de Valdoviño inicia a campaña anual de desbroces nos máis de 600 km de pistas e camiños de titularidade municipal. Coincide nas primeiras semanas de primavera, e unha vez concluíron os traballos levados a cabo polos operarios municipais nos viais pertencentes á concentración parcelaria, actuando neste caso nuns 20 km lineais. Agora, as tarefas centraranse no resto das vías de todas as parroquias. Un primeiro tractor guiado por persoal municipal comezaba a actividade a semana pasada en Meirás, e esta semana facíao un segundo tractor en Porto do Cabo, Vilarrube.

A intención é realizar tres intervencións nos máis de 600 quilómetros de aquí a outubro, e a partir de entón, continuar de novo cos viais da concentración parcelaria.