O Concello de Valdoviño incorpora un novo axente de Policía Local á súa plantilla
A Administración local tamén reforza o persoal coa contratación, en Semana Santa e por espazo de 6 meses, de 3 auxiliares de policía
Valdoviño, 21 de abril de 2022. O Concello de Valdoviño incorpora á súa plantilla un novo axente de Policía Local. No día de onte, e en presenza do alcalde, Alberto González, Rubén Piñón Pajón tomaba posesión tras superar o proceso selectivo aberto pola Administración local para cubrir a praza que quedara vacante por xubilación. Coa súa entrada, o municipio conta con 5 axentes.
Unha plantilla nestes momentos reforzada coa contratación de 3 auxiliares de policía. Comezaban a súa actividade en Valdoviño durante a pasada Semana Santa, por espazo de 6 meses. Deste xeito, o Concello busca cubrir o servizo durante todos os días da semana nos turnos de mañá e tarde, no periodo de maior afluencia de visitantes ao municipio. Esta última contratación finánciase con fondos propios e coa liña de axudas do Fondo de Compensación Ambiental.