O Concello de Valdoviño incorpora á plantilla 3 auxiliares de Policía Local

O número de axentes é de 8 a día de hoxe

Valdoviño, 18 de abril de 2024. O Concello de Valdoviño incorporou á plantilla municipal 3 auxiliares de Policía Local, aumentando así de 5 a 8 o número de axentes. A contratación, por espazo de 5 meses, sufrágase con cargo a fondos municipais, e solicitouse tamén unha axuda ao Fondo de Compensación Ambiental coa que, como en anos anteriores, tentar reducir os custos para as arcas locais.

Prestarán os seus servizos coincidindo así coa época de maior afluencia de visitantes ao municipio, e entre as súas funcións, está a custodia e vixiancia de bens, servizos e instalacións municipais, así como o auxilio e colaboración cos funcionarios do Corpo da Policía Local e demais Forzas e Corpos de Seguridade. Deste xeito, ofrecerase un servizo diario incluídas fins de semana e festivos de mañá e tarde.