O Concello de Valdoviño e a Federación Galega de Tenis promoven un programa de clases gratuítas para menores de 16 anos
A inscrición debe realizarse a través dun formulario web
Valdoviño, 11 de agosto do 2023. O Concello de Valdoviño celebrará, xunto á Federación Galega de Tenis, clases gratuítas para menores de 6 a 16 anos no pavillón municipal do Longoiro, en Meirás. Arrancarán no mes de setembro, e desenvolveranse ata novembro, tres días á semana (martes, mércores e xoves), en sesións dunha hora de duración -posibilidade de iniciar as clases ás 19:00 h, 20:00 e 21:00 h-. A inscrición debe realizarse a través do formulario web: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfX-lrGwWnIrkD8nC364DUoIqYveLdJwWtw-V5PrwHvb9yomg/viewform e o prazo conclúe o martes 15 de agosto.
A participación é gratuíta grazas ao convenio asinado entre a Federación Galega de Tenis e o Concello, con cargo ao Plan Corresponsables da Xunta de Galicia. Terán preferencia no acceso fillos e fillas de familias monomarentais e monoparentais, de vítimas de violencia de xénero, de mulleres en situación de desemprego de longa duración e de mulleres maiores de 45 anos. Unha vez confirmada a praza confirmaranse horarios seleccionados coa intención de iniciar as clases o 1 de setembro.
Comentarios