O Concello de Valdoviño convoca o proceso de contratación de 4 peóns e un albanel

As persoas interesadas nos postos poderán presentar a súa solicitude a partir deste martes e por espazo de 10 días naturais

Valdoviño, 6 de abril do 2026. O Concello de Valdoviño contratará 4 peóns e un albanel cunha axuda de 43.000 euros concedida pola Deputación da Coruña no marco do programa PEL Concellos 2026. O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe a convocatoria do proceso selectivo e as bases, e a partir deste martes 7 de abril, e por espazo de 10 días naturais, as persoas interesadas en optar aos postos poderán presentar a súa solicitude no rexistro municipal da casa consistorial ou a través da sede electrónica.

A duración do contrato será de 5 meses a xornada parcial, e o horario distribuirase segundo as necesidades de organización dos servizos municipais. As persoas a contratar deberán estar en situación de desemprego, figurar inscritas como demandantes nas Oficinas do INEM, e atoparse nalgunha das situacións de exclusión socio-laboral recollidas nas bases da convocatoria.

Así mesmo, as tarefas a desenvolver polo persoal laboral temporal contratado estarán relacionadas con traballos ligados ao alumeado público, cemiterio, recollida de residuos, limpeza viaria, abastecemento domiciliario de auga potable, rede de sumidoiros, acceso ao núcleo de poboación e pavimentación de vías públicas, entre outras.

BASES