O Concello de Valdoviño convoca o II Concurso de Decoración de Nadal dirixido ao tecido empresarial e veciñanza

Repartirá 600 euros en premios consistentes en vales canxeables no comercio, hostalería e negocios locais

Valdoviño, 30 de novembro do 2022. O Concello de Valdoviño abre inscricións no II Concurso de Decoración de Nadal de escaparates, fachadas e interiores de locais comerciais, hostalería e negocios locais, e de fachadas, balcóns, portas, fiestras, peches exteriores e xardíns de vivendas particulares.  Repartirá 600 euros en agasallos, vales canxeables nos establecementos do municipio, co obxectivo de promocionar e apoiar a estes sectores económicos e tamén potenciar o ambiente navideño na localidade.

O xurado puntuará a orixinalidade, calidade artística, o uso de materiais reutilizables ou naturais, a iluminación ou a composición.

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no concurso comeza a contar este xoves, 1 de decembro, e rematará o día 15 do mesmo mes. A ficha de inscrición pode retirarse na casa da cultura ou descargarse da web do Concello, e remitirse ao correo cultura@concellodevaldovino.com; achegarse a través da sede electrónica ou entregarse no centro cultural nos horarios de apertura. Así, a partir do 15 de decembro, o Concello informará a través das redes sociais dos días nos que pasará a visitar as localizacións das decoracións, que deberán permanecer visibles ata o 7 de xaneiro.

As bases do certame poden consultarse no seguinte enlace: BASES

Descarga a FICHA DE INSCRICIÓN