O Concello de Valdoviño convoca a praza de técnico/a deportivo/a

O Concello de Valdoviño convoca a praza de técnico/a deportivo/a

O Concello de Valdoviño vén de convocar a praza de técnico/a deportivo/a. Incluída na Oferta de Emprego Público (OPE) para este 2021, publicaba hoxe o anuncio e as bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP). É o paso previo para a publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE), momento que marcará o inicio do prazo de presentación de solicitudes. 

O sistema selectivo para a cobertura desta praza de persoal funcionario será o concurso-oposición, e con ela o Concello busca dar estabilidade a un posto que cada ano se convoca en función da liña de subvencións que promove a Deputación para a contratación. Achegas que, en todo caso, non serán incompatibles coa cobertura da praza, e que axudarán a financiala. 

Bases, no seguinte enlace: https://cutt.ly/KnXz2zZ