O Concello de Valdoviño contratará 12 peóns para a limpeza de praias
As persoas interesadas en optar aos postos de traballo poden presentar a súa solicitude a partir de mañá martes (e por espazo de 3 días)
Valdoviño, 6 de xuño de 2022. O Concello de Valdoviño vén de convocar o proceso de selección para a contratación de 12 peóns para a limpeza de praias durante a tempada estival. Así, a duración do contrato, a media xornada, será por espazo de 3 meses. As persoas interesadas en optar ao proceso poderán presentar a súa instancia no rexistro municipal ou vía telemática a partir de mañá martes, 7 de xuño, e por espazo de 3 días hábiles.
Bases da convocatoria: https://cutt.ly/bJUdH5F
Comentarios