O Concello de Valdoviño conclúe a segunda fase das obras de acondicionamento dos camiños de Mourente e Penela
O conxunto da actuación suma un investimento superior aos 46.000 euros que cofinancian Agader e Administración local
O Concello de Valdoviño vén de concluír a segunda fase das obras de acondicionamento dos camiños de Mourente e Penela. Os traballos fináncianse con cargo ao Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 de Agader e o investimento ascende a máis de 46.000 euros en 2 anualidades. Así, Agader cubre o 80% do custe da actuación e o Concello de Valdoviño aporta o 20% restante.
A primeira fase da intervención permitiu conectar a zona de Mourente co vial municipal que une Aviño e a AC116; facilitar o acceso á estrada do Trece e mellorar a accesibilidade ás explotacións agrícolas e gandeiras desta área.
Nesta segunda fase, actuouse en tres treitos destes dous camiños pavimentados con triple rego hai máis de 15 anos e, na ata o momento, moi deteriorados. Acondicionáronse os tramos sumando, coa intervención xa realizada, máis de 2.000 metros de viais.