O Concello de Valdoviño conclúe a primeira fase das obras de acondicionamento dos camiños de Mourente e Penela
A intervención facilita a conexión entre Mourente e o vial municipal que une Aviño coa AC116, o acceso ao campo de fútbol e á estrada do Trece
O Concello informou esta mañá do remate da primeira fase das obras de acondicionamento dos camiños de Mourente e Penela. Uns traballos que se financian con cargo ao Plan Marco de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021 de Agader. A intervención suma un orzamento de 46.155,92 euros en dúas anualidades. Agader cubre o 80% do investimento e o Concello de Valdoviño o 20% restante.
A primeira fase da intervención permitiu conectar a zona de Mourente co vial municipal que une Aviño e a AC116; facilitar o acceso ao campo de fútbol municipal e á estrada do Trece e mellorar a accesibilidade ás explotacións agrícolas e gandeiras desta área.
A zona susceptible de intervención nos camiños da Penela e Mourente, considerados na práctica un continuidade do outro, divídese en 4 treitos: un de zahorra e outros tres pavimentados con triplo rego hai máis de 15 anos. Nesta primeira fase actuouse sobre o primeiro, que parte das vivendas de Mourente, toma dirección ao campo de fútbol e continúa a man dereita. O vial máis deteriorado ata a data. Así, os traballos contemplaron o seu acondicionamento, ampliación do ancho de calzada e tarefas de sinalización.
A actuación completarase con esa segunda fase na que se actuará sobre os 3 tramos restantes, cubrindo así uns 2.000 metros de vial.
.