O Concello de Valdoviño celebra de novo a Rosalía facéndoa presente na Frouxeira
O pintor Manuel Carballeira comezaba estes días a creación dun novo mural coa autora galega máis universal como protagonista
Valdoviño, 19 de febreiro do 2025. O Concello de Valdoviño volve celebrar o Día de Rosalía facéndoa de novo presente na Frouxeira. E o encargo volvía recaer no pintor Manuel Carballeira, veciño de Valdoviño e mestre da Aula de Artes Plásticas Municipal en Loira. Autor tamén das dúas obras que xa podemos desfrutar na contorna da praia pequena: Rosalía surfeira e Rosalía feita verso. O pasado sábado, o artista comezaba o proceso creativo, coa preparación da parede que servirá de base para o novo mural, e este luns, sacaba pinceis para dar os primeiros trazos. A obra vai collendo forma, e son moitos os curiosos que se achegan estes días ata a edificación de servizos na que Carballeira traballa todas as mañás.
O resultado, se o tempo acompaña, poderá verse este venres, de modo que a obra esté lista para o domingo, 23 de febreiro. A creación é unha idea orixinal do pintor, que desvelará unha vez conclúa o proceso e que, de seguro, non deixará indiferente a ninguén.
Ata ese momento, veciños e visitantes poderán seguir en vivo o traballo do artista.