O Concello de Valdoviño asesora aos maiores na tramitación das súas solicitudes para tomar parte no programa Termalismo Social do IMSERSO
O prazo para realizar a reserva de praza conclúe o 4 de decembro para as estancias previstas entre os meses de febreiro e de agosto de 2026, incluídos
Valdoviño, 7 de novembro do 2025. O Concello de Valdoviño, a través da Concellería de Servizos Sociais, informa da apertura do prazo para solicitar as estancias do programa Termalismo Social que impulsa o IMSERSO, e axuda aos maiores á hora de tramitalas. Sen necesidade de cita previa, acudindo ao departamento na planta baixa da casa consistorial.
O programa está dirixido ás persoas pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente; de viudedade con 55 ou máis anos; por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego con 60 ou máis anos, ou asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 ou máis anos de idade. Así mesmo, as persoas beneficiarias poderán ir acompañadas do cónxuxe ou parella de feito -cumprindo determinados requisitos- e dos fillos con discapacidade -en grao igual ou superior ao 45% sempre que desfruten a quenda cos pais e se aloxen na mesma habituación-.
As quendas, que terán unha duración de 10 días (9 pernoctacións), realizaranse entre os meses de febreiro e decembro de 2026. Os servizos inclúen aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido; tratamentos termais e actividades de lecer e tempo libre, e o custe da estancia varía en función do balneario.
Por último, o prazo para solicitar a adhesión ao programa conclúe o 4 de decembro (para as quendas entre os meses de febreiro e agosto, incluídos) e o 15 de maio (entre setembro e decembro, incluídos).
