O Concello de Valdoviño aproba todas as solicitudes presentadas á liña de axudas para comisións de festas patronais e populares
Dá luz verde ao reparto dos 9.000 euros da partida, solicitada á Deputación no marco do PEL-Concello, entre Lago, Valdoviño e Vilarrube
Valdoviño, 19 de maio do 2023. O Concello de Valdoviño deu luz verde á concesión das axudas destinadas ás comisións de festas patronais e populares celebradas en 2022. Tras abrir o proceso de solicitude, e analizar a documentación presentada, a Administración local aprobaba as 3 solicitudes presentadas correspondentes ás comisións de Lago, Valdoviño e Vilarrube, que se reparten a partes iguais os 9.000 euros dos fondos asignados.
Esta liña de axudas está promovida pola Deputación Provincial da Coruña no marco do programa PEL-Concellos OV (Programa de Axudas ao Sector de Orquestras e Eventos), e diríxense a administracións locais, que teñen a opción de destinar os fondos á organización propia de actuacións ou ás comisións organizadoras, como é o caso.
Comentarios