O Concello de Valdoviño aproba a concesión de 97 axudas escolares para o próximo curso

Delas, 88 destinaranse á adquisición de material escolar, e outras 9, a financiar custos de desprazamento a centros de ensinanza

Valdoviño, 4 de setembro do 2024. O Concello de Valdoviño aprobaba a concesión de 97 axudas escolares de cara ao próximo curso. Na convocatoria aberta, 67 familias presentaron a solicitude de axuda, resultando finalmente denegadas 8 por non cumprir os requisitos establecidos. Das 58 aprobadas beneficiaranse 97 estudantes, a gran maioría, ata 88, recibirán a subvención para a adquisición de material escolar, namentras que os restantes, poderán financiar os custes de desprazamento a centros de Bacharelato, FP ou universidade. No primeiro caso, a cuantía máxima de axuda é de 90 euros, e de 100 euros no segundo, sumando un investimento conxunto superior aos 8.000 euros.

Estas axudas de apoio ás familias buscan facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación, e o seu fin é compensar a aquelas familias que, polas súas condicións económicas, teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados da escolaridade.