O Concello de Valdoviño ampliará a zona de tránsito peonil na Porta do Sol
A medida, de carácter temporal, entrará en vigor a partir deste martes
O Concello de Valdoviño proponse poñer fin ás aglomeracións puntuais de veciños e veciñas ás portas das entidades bancarias e comercios na Porta do Sol. Unha situación á que se vén obrigados polo estreito ancho de beirarrúa existente e que, nestes momentos, entraña un risco para manter as distancias interpersoais impostas pola covid-19. Deste xeito, ampliarase a zona de tránsito peonil gañando espazo para o veciño en detrimento dos turismos. Suprimiranse as 3 prazas de estacionamento que se sitúan na frontal do Banco Santander e tamén as existentes ao longo da beirarrúa de Abanca.
Trátase dunha medida de carácter provisional, que entrará mañá martes en vigor. No día de hoxe, axentes da Policía Local iniciaban a sinalización pertinente.
Comentarios