O Concello de Valdoviño alíase coa Asociación Cometa para activar un programa de control das colonias felinas
Organizarán o 30 de marzo na Casa da Cultura unha charla informativa sobre o proxecto, que busca a implicación da veciñanza
Valdoviño, 6 de marzo do 2023. O alcalde, Alberto González, e o concelleiro de Servizos, Benito Vega, mantiñan a semana pasada unha reunión de traballo con Iria Saavedra, da directiva da Asociación Cometa e veciña da localidade, coa que abriron unha liña de colaboración conxunta para activar un programa de control das colinas felinas. O obxectivo último será crear grupos de persoas voluntarias que colaboren co Concello e a asociación no proxecto de captura, estirilización e retorno dos gatos que viven na rúa para tentar evitar a súa reprodución. Saavedra apuntou que unha gata podería chegar a parir ao longo da súa vida entre 96 e 210 gatos. Unha cifra que dá boa conta dun potencial problema que xa se está a sentir en Valdoviño segundo algunhas queixas trasladadas.
O vindeiro xoves 30 de marzo ás 20 horas a Casa da Cultura acollerá unha charla informativa sobre o proxecto municipal na que se exporán as liñas básicas da iniciativa. Buscarase elaborar un censo de colonias coas súas ubicacións e favorecer a esterilización a través do refuxio de Mougá, contando cun rexistro de exemplares que se iría actualizando periodicamente.
Un programa que permitiría controlar o número de gatos das colonias, eliminar molestias e aullidos, marcaxes e malos olores, ou mesmo mellorar a convivencia entre a veciñanza.