O Concello de Valdoviño adxudica o contrato do servizo de mantemento eléctrico para os próximos 4 anos
O pleno aproba a contratación do servizo, do que se encargará Proymel
Valdoviño, 20 de setembro de 2021. O Concello de Valdoviño vén de adxudicar á empresa local Proymel o contrato do servizo de mantenemento do alumeado público e instalacións eléctricas municipais. A corporación daba visto bo por unanimidade á contratación, cun investimento anual de 76.055,76 euros. A duración do mesmo será de 4 anos, prorrogable por outros 2, polo que a partida ascenderá nese periodo a algo máis de 456.000 euros.
O servizo inclúe as labores de mantenemento, o desenvolvemento do plan de vixiancia e mellora da eficiencia enerxética, e a instalación do alumeado de Nadal, entre outros traballos.
Comentarios