O Concello de Valdoviño acenderá a iluminación de Nadal este venres

Volverá contar con iluminación en cascada e árbores luminosas na casa do concello, casa da cultura e oficina de turismo

Valdoviño, 1 de decembro do 2025. A Concellería de Servizos ultima estes días a instalación do alumeado de Nadal nas principais vías da localidade, e esta semana, completará os traballos coa colocación das luces nas farolas da AC-566 ao seu paso pola Porta do Sol. Así, ás tradicionais arcadas, sumarase tamén a iluminación en cascada nos edificios da casa do concello e da casa da cultura, e a colocación de árbores luminosas nestes puntos e un terceiro nas inmediacións da oficina de turismo.

O obxectivo é, como en anos anteriores, activar o alumeado de Nadal este venres 5 de decembro, contribuíndo así a crear o ambiente propio destas datas tan especiais.