O Concello de Valdoviño abre prazo de solicitudes para optar ó cargo de xuíz de paz
As candidaturas deberán rexistrarse na casa consistorial a partir de mañá
Valdoviño, 27 de marzo do 2023. Coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia, o Concello de Valdoviño abre o prazo de solicitudes para optar ao cargo de xuíz de paz. As candidaturas deberán presentarse no rexistro xeral da casa consistorial, dende mañá martes e por espazo de 15 días hábiles.
A ficha acompañarase dunha xustificación dos méritos que alegue a persoa solicitante, indicando profesión e actividade que realiza na actualidade, así como certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI; certificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/80 de 1 de decembro de Conducta Cidadá, sobre si se atopa inculpado ou procesado, e declaración xurada sobre se incorre nalgún suposto de incompatibilidade para o desempeño das funcións xudiciais, recollidas, respectivamente no artigo 303 a 389 e 397 da LOPX, a excepción de actividades profesionais ou mercantís (arts. 1 2 e 14 do Regulamento dos Xuíces de Paz).
Pechado o prazo, a elección será competencia do pleno da corporación municipal, a través de acordo adoptado co voto favorable da maioría absoluta dos seus membros.