O Concello de Valdoviño abre o prazo de inscrición na V Volta ás Forcadas
Celebrarase o 12 de xuño, con punto de partida na igrexa de Loira, e permitirá aos/as participantes descubrir unha contorna natural única
Valdoviño, 23 de maio de 2022. O Concello de Valdoviño celebrará o vindeiro 12 de xuño a quinta edición da Volta ás Forcadas. Así, o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, avanzou esta mañá a apertura do prazo de inscrición na proba, a través da web web www.galitiming.com ou presencialmente na Concellería de Deportes (primeira planta da casa consistorial, de luns a venres de 9 a 14 horas). A participación, nas diferentes categorías, é gratuíta.
Trátase dunha cita deportiva coa que crear e fomentar hábitos de vida saudable entre a veciñanza, abandoando o sedentarismo e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de lecer. Un obxectivo que pasa porque a actividade física en nenos e en familia sexa un elemento fundamental das persoas. De aí esta carreira, onde o importante non son os resultados, senón a participación.
A carreira arrancará ás 11 horas e o punto de partida é a igrexa de San Pedro de Loira. Permitirá aos participantes descubrir un entorno natural único como é o encoro das Forcadas, considerado xa o segundo mar do municipio.
Nela poderán participar nenos e maiores, con diferentes distancias a cubrir segundo a categoría. Dende os 100 metros dos pitufos ata os preto de 8 kms dos veterán. Iso si, a saída irase realizando de forma escalonada.
Por último, o edil quixo agradecer a colaboración da Cooperativa de Vilaboa na cita, así como o apoio de Policía Local e Protección Civil no operativo.