O Concello de Valdoviño abre inscricións no curso gratuíto “Dando o cante”
A acción celebrarase en xullo no local social de Sequeiro
Valdoviño, 1 de xullo de 2024. O Concello de Valdoviño organizará este mes o curso gratuíto «Dando o cante». Impartido polos mestres da Escola Municipal de Música, celebrarase os días 4, 11 e 18 de xullo no local social de Sequeiro, ás 20:00 horas. Nel, poden participar nenos e nenas a partir de 10 anos e persoas adultas, inscribíndose previamente na casa da cultura ou a través do teléfono 645 305 229 (de luns a xoves de 10 a 14 h). Cada sesión é independente, e cada persoa poderá reservar praza nunha, dúas ou tres xornadas, aínda que a concesión dependerá do número de solicitudes -buscando que todo o mundo poida acceder á formación a lo menos nunha sesión-.
Con esta actividade, o departamento municipal de cultura quere animar á veciñanza a participar nas clases de canto que, ao longo do ano, se imparten na escola, fomentando así a matrícula de cara ao inicio do próximo curso.