O Concello de Valdoviño abre inscricións na programación deportiva OcioSol 2026 para nenos e maiores na contorna da Frouxeira

A oferta para pequenos e pequenas inclúe atletismo, baloncesto, fútbol sala, tenis e multixogo, e ximnasia para persoas adultas

Valdoviño, 16 de xuño do 2026. Un verán máis, o Concello de Valdoviño suma aos cursos e actividades na piscina, a programación deportiva OcioSol na pista da Frouxeira para nenos e nenas, que inclúe este ano atletismo, baloncesto, fútbol sala, tenis e multixogo. Ademais, as persoas adultas tamén poderán participar nas sesións de ximnasia de mantenemento. O concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, avanzaba que este mércores 17 de xuño abrirase o prazo de inscrición -ata o 25 de xuño-, a través dun formulario online dispoñible na páxina web municipal, e presencialmente na primeira pranta da casa consistorial. As clases serán dunha hora, dous días á semana, e terán un custe de 7,37 euros/mes. No caso de ximnasia para maiores, o prezo é de 8,86 euros/mes.

Como é costume, a programación desenvolverase na pista deportiva municipal sita no paseo da Frouxeira, agás ximnasia, que terá lugar na contorna do parque infantil e biosaudable. No caso de choiva, trasladaríanse á casa da cultura, en Valdoviño, ou ao pavillón municipal O Longoiro, en Meirás.

No caso de que a demanda exceda a oferta, terán preferencia na concesión as persoas empadroadas en Valdoviño. OcioSol 2026 conta co apoio da Deputación da Coruña e do programa Corresponsables da Xunta.