O Concello de Valdoviño abre inscricións na programación de Actividades Extraescolares Deportivas que organiza no CPI Atios
Haberá clases de atletismo, ximnasia rítmica, patinaxe en liña, baloncesto, multideporte, duatlón, karate, patinaxe artística e surfskate
Valdoviño, 13 de setembro do 2023. O Concello de Valdoviño abre inscricións na programación de Actividades Deportivas Extraescolares no pavillón do CPI Atios. A partir de hoxe e ata o 25 de setembro, as familias poderán anotar aos seus fillos e fillas a través da sede electrónica, no seguinte enlace: https://acortar.link/iMEI24 ou presencialmente no departamento municipal de Deportes, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
A programación inclúe atletismo -luns e mércores de 16:00 a 17:00 h-; ximnasia rítmica -luns e mércores de 17:00 a 18:00 h-; patinaxe en liña -luns e mércores de 18:00 a 19:00 h-; baloncesto -luns e mércores de 19:00 a 20:00 h-; duatlón -martes de 16:00 a 17:00 h-; multideporte -martes e venres de 17:00 a 18:00 h-; karate 1 -martes de 18:00 a 19:00 h-; karate 2 -martes de 19:00 a 20:00 h-; patinaxe artística -venres de 16:00 a 17:00 h-, e surfskate -venres de 18:00 a 19:00 h-.
O custe das clases é de 10 euros ao mes, e están dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos -incluídos-, agás multideporte -dende os 3 ao 7 anos incluidos-.