O Concello de Valdoviño abre inscricións en Concilia Deportes Semana Santa

O programa de conciliación está dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos

Valdoviño, 18 de marzo do 2026. Coa Semana Santa regresarán tamén os campamentos Concilia Deportes, que organiza o Concello de Valdoviño nos periodos de vacacións escolares durante o curso para botar unha man ás familias na moitas veces compricada misión de conciliar obrigas laborais e coidado dos fillos e fillas menores. Celebraranse os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril, xornadas non lectivas pero laborais, en horario de 8:00 a 14:00 horas. Segundo avanzaba esta mañá o concelleiro de Deportes, Sergio Saavedra, as actividades están dirixidas a nenos e nenas de 4 a 12 anos -incluídos-, e o programa desenvolverase no pavillón municipal O Longoiro, en Meirás.

A oferta de lecer terá un marcado carácter deportivo e didáctico, con propostas diferentes cada día. Entre elas, xogos de raqueta, baloncesto, mini golf, fútbol, hockey ou obradoiros creativos, ademais de xogos tradicionais e talleres centrados na Semana Santa.

A inscrición ábrese hoxe, mércores 18 de marzo, a través da sede electrónica e presencialmente no rexistro xeral da casa consistorial. O ficheiro pódese descargar da web municipal, o prazo concluirá o 27 de marzo ás 12:00 horas, e a cota a abonar é de 22,12 euros.

SOLICITUD-INSCRIPCION