O Concello de Valdoviño abre as portas da Oficina Local de Fomento Cooperativo

Ofrecerá atención presencial na casa consistorial os martes de 9 a 14 h

O Concello de Valdoviño abre as portas da Oficina Local de Fomento Cooperativo e Economía Social. Un novo servizo posible grazas ao apoio da Mancomunidade. Ofrecerá atención presencial os martes de 9 a 14 horas, con cita previa a través do correo electrónico cooperativismo@ferrol.es ou do teléfono 722 253 762. 

Así, desde a oficina ofrecerase información e asesoramento sobre axudas e subvencións; análise da idea de negocio e estudo de viabilidade; trámites de constitución e estatutos; cursos de formación en Economía Social; acompañamento e aseoramento a empresas e grupos promotores ou novas oportunidades de negocio.