O Concello de Valdoviño abre a inscrición en Concilia Tempos Deporte con actividades para nenos a partir de 3 anos

As clases desenvolveranse no pavillón do CPI Atios

Valdoviño, 10 de setembro de 2021. O Concello de Valdoviño abre a inscrición no programa municipal Concilia Tempos Deporte, dirixido a nenos e nenas a partir de 3 anos. Contempla clases de atletismo, bádminton, karate, patinaxe, patinaxe artística, psicomotricidade, ximnasia rítmica e xadrez. Así mesmo, a Concellería de Deportes está a xestionar a actividade de piscina, co que avanzará en breve información ao respecto. Así, as actividades desenvolveranse ao longo do curso no pavillón do CPI Atios e o custe mensual das mesmas é de 10 euros. 

A inscrición debe formalizarse chamando ao teléfono de Deportes: 626 465 531, de luns a venres de 9 a 14 h, e o prazo conclúe o día 22 de setembro. 

Tanto a actividade de karate como psicomotricidade están pensadas para nenos e nenas a partir de 3 anos; xadrez a partir de 6 e, o resto, de 4 anos. 

Un programa de conciliación a través do deporte, favorecendo hábitos de vida saudables dende a mesma infancia.