O Concello convoca unha concentración cidadá en solidariedade co pobo palestino en Gaza

Terá lugar este venres ás 12 horas na casa consistorial

Valdoviño, 18 de setembro do 2025. O Concello de Valdoviño convoca a veciños e veciñas a secundar a concentración en solidariedade co pobo palestino en Gaza que terá lugar este venres ás 12:00 horas ás portas da casa consistorial. No acto, gardarase un minuto de silencio condenando a ofensiva militar e o mantemento do bloqueo humanitario executado polo goberno de Israel contra o pobo palestino de Gaza.

Valdoviño súmase así á iniciativa aprobada pola Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) recollendo o sentir da cidadanía galega e no seu compromiso cos valores da paz, a xustiza e os dereitos humanos.