O Concello convoca o proceso selectivo para a contratación de 2 técnicos/as de turismo

As persoas interesadas en optar aos contratos deben presentar a solicitude a partir de mañá xoves e por espazo de 5 días hábiles

Valdoviño, 27 de abril de 2022. O Concello de Valdoviño convoca o proceso selectivo para a contratación de 2 técnicos/as de turismo, funcionarios/as interinos/as en réxime de execución de programas. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicaba hoxe o anuncio e as bases, co que a partir de mañá ábrese o prazo de solicitude para participar no proceso (por espazo de 5 días hábiles). Entre os requisitos esixidos, figura estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: técnico superior en guía, información e asistencia turística ou equivalente, Grao ou diplomatura en Turismo ou equivalente homologado. 

Os contratos serán por un periodo máximo de 4 meses, e financiaranse con cargo á subvención concedida ao Concello por parte da Deputación provincial da Coruña.

As funcións a desempeñar serán, en xeral, as seguintes: atención ao público, atención telefónica, dar resposta a información demandada a través de correo ordinario, fax e correo electrónico, preparación de material promocional turístico para distintas feiras e eventos, colaborar no deseño e na elaboración de rutas comarcais, realización de visitas guiadas, arquivar documentos e informes, cubrir formularios e elaborar informes estatísticos.