O Concello convoca o proceso selectivo para a contratación de 12 peóns para a limpeza de praias para a tempada de verán

As instancias para concorrer ao proceso poderán presentarse a partir de mañá martes e por espazo de 5 días hábiles

O Concello de Valdoviño vén de convocar o proceso de selección para a contratación de 12 peóns para a limpeza de praias no ano 2021. Así, a duración do contrato, a media xornada, será por espazo de 3 meses. As persoas interesadas en optar ao proceso poderán presentar a súa instancia no rexistro municipal ou vía telemática a partir de mañá martes, 18 de maio, e por espazo de 5 días hábiles.

As contratacións realizaranse ao abeiro da liña de subvencións que impulsa a Deputación provincial da Coruña, e estarán condicionadas á concesión definitiva da axuda solicitada polo Concello.

Bases da convocatoria na web municipal: https://cutt.ly/7bVDxDY