O Concello convirte Aviño, San Bartolo e A Frouxeira nos “escenarios paralelos” das súas propostas culturais esta semana
Cultura programa espectáculos de teatro, clown ou acrobacias aéreas entre o xoves e o domingo
Valdoviño, 31 de xullo do 2023. O Concello de Valdoviño volve a apostar por «escenarios paralelos» para as súas propostas culturais de verán, e esta semana levará as actividades ao campo da festa de San Bartolo, ao parque de Aviño e á praia da Frouxeira, co público infantil como destinatario.
Este xoves, propón unha sesión de música, malabares e humor a partir das 21 h no campo da festa de San Bartolo coa Peque Disco Moc Moc do DJ MeRe Clown. Ao día seguinte, venres ás 21 h, na contorna do parque infantil da Frouxeira, convidará a nenos e maiores ao espectáculo «Sempre arriba. Hoxe sí!», cos sorprendentes números acrobáticos aéreos de Marta Iglesias.
O sábado, doble proposta cultural e doble escenario. Ás 18 h, a compañía Babaluva traerá a súa Feira das Sementes á praia da Frouxeira, a feira máis pequena do mundo, onde nada se vende e onde as sementes trócanse por outras, por un conto, un refrán, unha canción ou unha adiviña. E xa ás 21 h, no parque de Aviño, Teatro Ghazafelhos representará a súa obra «As minas do Rei Salomón», unha auténtica aventura por África evocando as películas dos anos 30 e 40.
E pechando a semana, o domingo, nova proposta cultural doble. Ás 18 h, Trécola Producións ofrecerá «Sidulfo e o demo», unha adaptación propia da obra clásica de guiñol a partir da improvisación, e ás 21 h, producións Malasombra representará no campo da festa de San Bartolo a súa obra «Habeas corpus», unha comedia que aborda un tema tan antigo e tan de actualidade como é a relación do ser humano coas demais especies animais. Nos dous casos, as pezas chegan a Valdoviño co apoio da Rede Cultural da Deputación.
Comentarios