O Concello convida un ano máis á veciñanza a participar na elaboración do calendario municipal achegando as súas fotografías
O prazo para enviar as imaxes ao email web@concellodevaldovino.com remata o 25 de novembro
Valdoviño, 11 de novembro do 2024. Un ano máis, o Concello de Valdoviño convida á veciñanza a participar na elaboración do calendario municipal a través das súas imaxes. Así, dende xa e ata o vindeiro 25 de novembro, as persoas interesadas en ilustrar o almanaque poderán enviar as súas fotografías ao enderezo web@concellodevaldovino.com
Valdoviño ten que ser o protagonista das imaxes, e de aparecer persoas nelas, debe facerse constar o consentimento expreso das mesmas para o seu uso. Ademais, establécese un tope de 2 fotografías por persoa, e deberán sinalar o nome do lugar fotografado, así como os datos de contacto de quen presenta a imaxe: nome e apelidos, DNI e teléfono.
Entre as recibidas, o Concello elixirá as que finalmente acompañen o calendario, que se presentará nun acto público na casa da cultura en decembro, e repartirá a partir de entón entre a veciñanza.