O Concello convida un ano máis á veciñanza a ilustrar coas súas imaxes o calendario municipal

As persoas interesadas poden presentar as súas fotografías a través da web municipal ou email web@concellodevaldovino.com

Valdoviño, 13 de novembro do 2025. Un ano máis, o Concello de Valdoviño convida á veciñanza a ilustrar coas súas fotografías o calendario municipal. Deste xeito, a Concellería de Cultura abre prazo para presentar as imaxes -dúas coma máximo por persoa- a través da web municipal (https://www.concellodevaldovino.com/arquivo/?q=gl/node/4436) ou do enderezo de correo electrónico web@concellodevaldovino.com. Haberá que indicar o nome do lugar fotografado, e no caso de aparecer persoas, o consentimento das mesmas para facer uso da imaxe.

O 26 de novembro pecharase o prazo, e a partir de aí, realizarase a selección e valoración tendo en conta, entre outros requisitos, a representación do maior número de parroquias do concello, adaptación ao formato horizontal do almanaque ou o rasgo singular da paisaxe -escenarios que non tivesen presencia anterior nesta iniciativa-.

A Concellería de Cultura editará o calendario, que presentará á veciñanza nun acto público no auditorio municipal no mes de decembro, e a partir de aí, iniciará a súa distribución entre o movemento asociativo e poráo a disposición da veciñanza gratuítamente ata esgotar existencias.