O Concello convida este domingo ás familias a asistir ao espectáculo “Nanai da China”
Con entrada de balde e libre ata completar aforo, dará comezo no auditorio da casa da cultura ás 18:00 horas
Valdoviño, 20 de abril do 2026. O auditorio da casa da cultura acollerá este domingo o espectáculo “Nanai da China”, a cargo da compañía Pérez&Fernández. Dirixido a un público familiar, dará comezo ás 18:00 horas, con entrada de balde e libre ata completar aforo. A función chega ao municipio co apoio da Deputación da Coruña, incluída no catálogo de espectáculos cofinanciados pola Rede Cultural.
A peza teatral aúna monicreques e actores para representar unha orxinal historia repleta de maxia, aventuras e humor. Nanai é unha nena que naceu nunha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana por superstición, e para loitar contra esta situación, a nena e o seu avó artellan un plan que non sae todo o tempo tan ben como debería. Para descubrilo, o público terá que acudir este domingo ao auditorio de Valdoviño.
