O Concello convida á veciñanza ao Festival de Fin de Curso das Aulas Municipais de Música

Celebrarase este sábado no auditorio da casa da cultura ás 19:00 h

Valdoviño, 16 de xuño do 2026. Os alumnos e alumnas das Aulas Municipais de Música rematarán o curso cun festival aberto á veciñanza. Celebrarase este sábado 20 de xuño no auditorio da casa da cultura, a partir das 19:00 horas. Alí, a través de mini recitais, amosarán sobre o escenario todo o aprendido nas diferentes clases de percursión, guitarra, piano e canto, e das que participan nenos/as e persoas adultas no local social de Sequeiro.