O Concello convida a participar este martes na primeira sesión do taller Atopámonos entre nós
A iniciativa, guiada pola educadora social, pretende converterse en espazo de encontro entre mulleres con sesións semanais no centro sociocomunitario
Valdoviño, 20 de novembro de 2023. No marco da programación «Somos e contamos» deseñada para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o Concello de Valdoviño porá en marcha o taller «Atopámonos entre nós». Estará guiado pola educadora social Iria García, co obxectivo de crear un espazo de encontro entre mulleres para o intercambio de experiencias e conversas ao redor de temáticas como a saúde sexual, física e emocional.
As sesións terán unha periodicidade semanal, e arrancan este martes 21 de novembro, de 9:45 a 11:00 horas no centro sociocomunitario. A inscrición está aberta nos Servizos Sociais Municipais -planta baixa da consistorial ou teléfono 981 48 70 41 ext.5-.
Comentarios