O Concello convida a nenos e nenas a formar parte da comitiva que desfilará acompañando aos Reis Magos na Cabalgata
Abre inscricións este venres no taller de disfraces para sumarse á iniciativa
Valdoviño, 23 de decembro do 2025. Un ano máis, o Concello de Valdoviño convida aos nenos e nenas a participar activamente na Cabalgata de Reis desfilando na comitiva que acompañará ás súas Maxestades no percorrido previsto para o 5 de xaneiro, entre a casa consistorial, onde se agarda a súa chegada sobre as 18 h, e a casa da cultura, onde está prevista a recepción real.
Os nenos e nenas que desexen sumarse deberán participar no obradoiro de disfraces previo para crear aqueles elementos que os distinguirán como grupo na cabalgata. Con prazas limitadas, celebrarase o 2 de xaneiro de 11 a 13 h, e a inscrición para participar poderá formalizarse na casa da cultura este venres 26 de decembro, o luns 29 e o martes 30, de 10 a 13 h.
Comentarios
