O Concello convida a nenos e maiores a asistir ao espectáculo de Henriko “O feiticeiro” este venres na vella igrexa de Loira

A función, prevista para as 18 h, forma parte da programación de Samaín

Valdoviño, 28 de outubro do 2024. O Concello de Valdoviño volve elixir a contorna do igresario vello de Loira para celebrar o Samaín. Alí, agardaranos este venres 1 de novembro Henriko «O feiticeiro». Un peculiar bruxo que sente que realiza trucos incribles e proezas que superan o entendemento humano. Un veterano malabarista que realizará arriscados xogos e perigosos equilibrios sucedéndose cousas inexplicables alí por onde vai.

Os seus feitizos, segundo avanzan dende Cultura, aumentan en proporción á participación do público, e Henriko é quen de adquirir poderes asombrosos e mesmo camiñar con éxito sobre o arame de funanbulismo, acadando unha especie de levitación mística.

O espectáculo comezará ás 18:00 horas xunto á vella igrexa, e en caso de choiva, trasladaríase ao auditorio da casa da cultura.