O Concello convida á cidadanía a asistir este sábado na Frouxeira ao espectáculo de maxia “Oh, circo”, de Cayetano Lledó

Terá lugar nas inmediacións do parque infantil, a partir das 22 horas

Valdoviño, 30 de xullo do 2024. O Concello de Valdoviño volve sacar a programación cultural á rúa, e este sábado, 3 de agosto, ofrecerá o espectáculo de maxia «Oh, circo», de Cayetano Lledó, na Frouxeira. O show, que dará comezo ás 22:00 horas na contorna do parque infantil do areal, chega a Valdoviño co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

O gran mago galego ofrecerá un espectáculo de maxia adicado ao público familiar, repleto de todo tipo de proezas incribles en clave de comedia. O artista, un dos máis recoñecidos no noso país, ten participado en Festivais e congresos dentro e fóra de Europa, e actuado coa súa máxia en teatros de todo o mundo (Canadá, Taiwán, China, Suiza, Francia, Inglaterra, Finlandia, Italia, Xapón, etc). Neste espectáculo recolle unha escolma de técnicas inovadoras misturadas cos xogos de sempre para desfrutar en familia.