O Concello contratará un auxiliar de Biblioteca ao abeiro do PEL- Reactiva

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar á praza

O Concello de Valdoviño contratará un/ha auxiliar de Biblioteca ao abeiro do programa PEL-Reactiva da Deputación provincial da Coruña. Un programa de integración laboral mediante a contratación de persoal en risco de exclusión social para a execución de obras e servizos. As persoas en optar á praza poden presentar a súa solicitude dende hoxe e por espazo de 5 días naturais no rexistro municipal ou a través da sede electrónica. Será unha contratación temporal polo procedemento de concurso, a media xornada e por espazo de 8 meses. 

A convocatoria pode consultarse no taboleiro de anuncios e na web municipal: http://www.concellodevaldovino.com/arquivo/?q=gl/node/4285