O Concello contratará a 6 peóns e 1 albanel no marco do programa PEL-Concellos Reactiva
As persoas interesadas en optar aos postos poderán presentar as súas instancias a partir deste luns 8 de febreiro
O alcalde, Alberto González, informou esta mañá de que o Concello de Valdoviño procederá á contratación de 6 peóns e 1 albanel oficial de segunda ao abeiro dunha subvención do PEL-Concellos Reactiva 2021 da Deputación provincial da Coruña.
As persoas interesadas en optar aos postos poderán presentar a súa instancia no Rexistro Xeral Municipal a partir deste luns 8 de febreiro. O prazo é de 5 días naturais, contados a partir do mesmo luns.
Os contratos serán de 9 meses e medio con xornadas de 30 horas semanais e o sistema de selección será mediante concurso, baremación de méritos e entrevista persoal.
Comentarios