O Concello conclúe os traballos de mellora na zona de aseos de Infantil do CPI Atios

A intervención contemplou a renovación do chan e sistema de iluminación, alicatado de paredes, dotación de novos lavabos e aseos, traballos de fontanería e a instalación dun lavadoiro

Valdoviño, 10 de setembro do 2024. O Concello de Valdoviño concluía estes días as obras de mantenemento da zona de aseos reservada ao alumnado de Educación Infantil do CPI Atios. Uns traballos que comezaban no mes de agosto coa previsión de completalos antes do arranque do presente curso. Como avanzaba o alcalde, Alberto González, a intervención incluíuse no programa de actuacións que o Concello leva a cabo ao longo do ano en materia de conservación das instalacións, atendendo ás necesidades trasladadas pola dirección do centro educativo.

Xunto á concelleira de Educación, Rosana García, e o edil de Servizos, Benito Vega, explicaba que a actuación contemplou a renovación do chan e do sistema de iluminación, o alicatado do espazo, e a instalación de seis novos aseos adaptados ás idades dos futuros usuarios e usuarias, doutros seis lavabos con dipensador de xabón, e a dotación dun lavadoiro, ademais de traballos de fontanería. Nas tarefas, que executou unha empresa da localidade, tívose especial coidado nos elementos de protección, e tan só queda pendente do subministro das tapas dos retretes, por mor dun cambio de última hora no deseño das pezas.