O Concello conclúe os traballos de limpeza do estacionamento que dá servizo á praia do Rodo

Operarios municipais encargáronse da intervención, que contemplou a retirada dunha gran cantidade de area

O Concello de Valdoviño levaba a cabo esta semana unha limpeza integral dos bordillos que delimitan os cinco estacionamentos que dan servizo á praia do Rodo, en Pantín. Uns traballos que correron por conta de operarios municipais, e requeriron a retirada dunha gran cantidade de area acumulada nos últimos anos. Así mesmo, procedeuse á delimitación das prazas reservadas para persoas con diversidade funcional.

Esta intervención trasladarase nas vindeiras semanas a outros areais do municipio, segundo avanzou o concelleiro de Servizos, Benito Vega.