O Concello conclúe no CPI Atios a colocación do novo chan e o pintado de dúas aulas de Infantil

Completa a intervención, na que investiu 10.000 euros, con traballos para mellorar o illamento da entrada do alumnado do ciclo

Valdoviño, 5 de setembro do 2025. A piques de comezar o novo curso escolar, o alcalde, Alberto González, visitaba esta mañá o CPI Atios xunto aos concelleiros de Obras, Alejandro García, e de Servizos, Benito Vega, para supervisar o remate dos últimos traballos de mantenemento realizados no centro educativo. Unha visita na que estivo acompañado da directora, Tania Ruanova. Así, cun investimento cercano aos 10.000 euros, o Concello levaba a cabo traballos en dúas aulas de Educación Infantil e tamén no tellado da entrada de acceso do alumnado do ciclo, contiguo á zona de xogos exterior.

En concreto, a empresa local contratada pola Administración local pintaba dúas das aulas e colocaba o novo chan, ademais de instalar no citado tellado unha plancha no perímetro para mellorar o illamento e evitar filtracións.

Así mesmo, o Concello tamén substituía algúns elementos na área de xogos exterior, como un novo columpio cesta e un muelle balancín.