O Concello conclúe as obras de mellora do firme nos camiños da Bedoxa, en Sequeiro, e o vial que une Donelle e A Furada, en Loira

As intervencións contaron cun investimento próximo aos 70.000 euros

Valdoviño, 5 de marzo do 2026. O Concello de Valdoviño concluía estes días as obras de mellora do camiño da Bedoxa, en Sequeiro, e do vial que comunica os lugares de Donelle e A Furada, en Loira. A empresa encargada dos traballos aproveitaba a tregua dada polo choiva na última semana, e apuraba as tarefas de acondicionamento dos viais. Neles, o Concello investiu preto de 70.000 euros con cargo á liña de subvencións do Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural -Agader-.

Nos dous casos, e como establece a convocatoria, os camiños dan servizo a parcelas agrícolas e gandeiras.